¡Basta de paz social e desmobilización!
¡GAÑEMOS CCOO para os traballadores e
traballadoras!
1. A fraude de 15,5 millóns de
euros perpetrado por conselleiros e directivos de Caixa Madrid e Bankia coas "tarxetas
opacas", é o último exemplo da corrupción que carcome o capitalismo
español. As consecuencias da implicación de seis conselleiros de CCOO, que se
apropiaron de case 800.000 euros en dez anos, son de tal envergadura que
comprometen o futuro da nosa organización.
2. Aínda que a Comisión Executiva
Confederal de CCOO aprobou unha resolución suspendendo cautelarmente de
militancia aos seis representes do sindicato en Bankia, non podemos esquecer as
declaracións do secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, nas
que afirmaba non sentirse decepcionado polo até hai pouco membro da Executiva
Confederal Rodolfo Benito, entendendo que non actuara "de forma
ilegal nin en beneficio propio", e que a súa decisión de dimitir "hónralle".
3. En lugar de defender os
intereses de miles de familias desafiuzadas e estafadas coas preferentes, os
conselleiros do noso sindicato participaron no saqueo dunha caixa de aforros
pública. Si o compañeiro Toxo considerou que non era un comportamento ilegal
nin en beneficio propio, nós dicimos que foi unha utilización nauseabunda das
siglas de CCOO e unha proba máis do profundo abismo que separa a moitos
dirixentes do noso sindicato da dura realidade que constitúe o día a día da
clase obreira.
4. É un insulto á intelixencia
dos traballadores e dos afiliados de CCOO, que tanto Toxo como a
Comisión Executiva Confederal pretendan alegar que descoñecían o que ocorría en
Caixa Madrid e en Bankia pois, desgraciadamente, trátase da práctica habitual
coa que se conducen nas súas relacións cos bancos, cos gobernos central e
autonómicos e a CEOE. A súa obsesión por actuar como "homes de
Estado", arrástraos, inevitablemente, a compartir obxectivos comúns cos
grandes poderes que teñen nas súas mans as rendas da sociedade, os partidos que
se alternan no goberno, os banqueiros e os grandes empresarios. A cambio,
reciben xenerosas subvencións do Estado e participan en decenas de consellos de
administración.
5. Estes casos de corrupción na
cúpula de CCOO son o froito inevitable da súa política de paz social e
consensos, de desmobilización, de asinar acordos que nos fan perder dereitos e
conquistas sociais. Para impoñer esta política pactista, foi necesario promover
aos órganos de dirección a moitos elementos dereitistas e faltos de escrúpulos,
como ocorreu co anterior secretario xeral José María Fidalgo, hoxe
comodamente instalado na contorna do PP baixo o abrigo de José María Aznar,
ou con Mª Jesús Paredes, ex secretaria xeral da federación de banca,
cuxo marido, Francisco Baquero Noriega, foi conselleiro de CCOO en
Bankia e gastou da tarxeta opaca ¡266.400 euros! Este proceso fíxose a costa de
marxinar a moitos sindicalistas honestos ou, até, de poñelos aos pés dos
cabalos nas súas empresas.
6. Como sindicalistas e afiliados
que defendemos as tradicións combativas de CCOO, non podemos permanecer pasivos
ante unha situación que pode acabar conducindo á destrución do noso propio
sindicato. As dimisións ou suspensións de militancia dos pillados nas patacas
son completamente insuficientes. Os máximos dirixentes confederais son á súa
vez os máximos responsables políticos desta situación. Xa que logo, esiximos a
dimisión de toda a Comisión Executiva Confederal de CCOO, xunto coa de todos os
cadros implicados dunha ou outro xeito en corruptelas.
7. Para salvar e defender a CCOO
debe celebrarse un debate democrático en todo o sindicato que dea o
protagonismo aos afiliados e que culmine nun congreso extraordinario con delegados
elixidos directamente pola base.
8. O único xeito de combater a
corrupción é practicando un sindicalismo combativo, de clase e democrático. os
abaixo firmantes chamamos a todos os afiliados e afiliadas de CCOO, a todo o
movemento obreiro, a loitar por GAÑAR CCOO PARA OS TRABALLADORES E
TRABALLADORAS. Sumar a este manifesto, difúndeo, envía resolucións e cartas de
protesta á Executiva Confederal. É o momento de dar unha resposta colectiva e
organizada fronte aos que están destruíndo un sindicato construído durante
décadas con de o sacrificio da clase obreira. As xenuínas Comisións Obreiras
son hoxe máis necesarias que nunca.
¡Vivan as CCOO!
¡Fóra os arribistas e os corruptos do noso sindicato!
GAÑEMOS CCOO PARA OS TRABALLADORES E
TRABALLADORAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario